Síguenos:
     
Logo JSE


As Xuventudes Socialistas de Galicia fan un chamamento ao estudantado para que secunde a folga do próximo 24 de outubro.





Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia anunciaron hoxe o seu apoio á folga e ás mobilizacións convocadas para o próximo xoves 24 de outubro despois de que as XSG desenvolvesen a súa actividade nesta materia nas últimas semanas na procura de mobilizar ao estudantado en institutos e universidades.

 

O Secretario Xeral, Aitor Bouza, asegurou que “xa non se trata de pedirlle ao Goberno que retire a LOMCE e remate cos recortes en educación, trátase de mobilizarse para dicirlle que a maioría non pensamos como el”. “É unha vergoña que Wert saque peito das súas reformas mentres 25000 estudantes quedaron sen beca e máis de medio millón deixaron de recibir axudas para os libros de texto”.

 

Bouza cualificou a LOMCE como “unha contrarreforma educativa do Partido Popular que nos devolve ao pasado franquista, implantando de novo as reválidas, outorgándolle máis peso á materia de relixión católica e eliminando Educación para a Cidadanía”.

 

Dende a Organización salientaron que “esta reforma educativa rompe o equilibro lingüístico que máis consenso obtivo e relega a nosa lingua a un segundo plano”. “É ilóxico que as institucións se vexan obrigadas a custearlle a praza nun centro privado ao alumnado que solicite o ensino íntegro en castelán fomentando un conflito lingüístico con diñeiro público”.

 

Para as Xuventudes Socialistas de Galicia “é un disparate que dende que goberna o PP o orzamento en educación estatal atópase retallado en máis de 5.200 millóns de euros, deixándonos á cola da OCDE en inversión educativa.” “Como víñamos denunciando os socialistas, hai 24.500 estudantes que se quedaron sen bolsas o pasado curso, o que debería avergoñar ao PP.”

 

Os mozos e mozas socialistas remataron afirmando que “as mobilizacións serán un éxito e non rematarán este xoves, xa que seguiremos loitando por unha educación pública de calidade e sen recortes na que a equidade siga sendo o principio imperante”.



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As Xuventudes Socialistas conmemoran o Día p
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2018   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI