Síguenos:
     
Logo JSE


As Xuventudes Socialistas de Galicia chaman á mobilización contra a Lei Wert o 9 de maio.



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia comprometeron a súa presenza nas mobilizacións estudantís convocadas contra a Lei Wert para o vindeiro xoves día 9 de maio. Xunto coa campaña informativa contra a modificación da Lei da Interrupción Voluntaria do Embarazo, serán as primeiras accións políticas que desenvolverá a mocidade socialista logo de ter renovado a súa Executiva no Congreso Nacional celebrado a pasada fin de semana en Poio.

 

O Secretario Xeral, Aitor Bouza, presentou hoxe en Santiago a nova Comisión Executiva Nacional e as liñas básicas de actuación das Xuventudes Socialistas. Bouza trazou como obxectivos fundamentais da organización xuvenil o achegamento á mocidade e aos movementos sociais ”non por conveniencia senón por convicción, porque nos preocupan os seus problemas”. “Temos que conseguir que en calquera defensa dos intereses da cidadanía, aínda que nela só haxa catro persoas, unha delas sexa das XSG”.

 

O novo líder das XSG conminou á súa dirección a coñecer a realidade da nosa Comunidade da man do movemento asociativo, dos sindicatos de traballadores e de estudantes e das plataformas como SOS Sanidade Pública, STOP Desafiuzamentos, Queremos Galego e Decidir fainos libres e a traballar de forma conxunta con todos eles.

 

“Estando realmente implicados –afirmou Bouza– conseguiremos recuperar a credibilidade na política e a confianza para converter as XSG nunha organización de referencia entre a mocidade galega”.

 

A nova dirección das XSG presentou unha aposta política fundamentada nos principios republicanos e na defensa dun Estado laico. A transparencia, a coordinación co PSdeG e a colaboración con outras organizacións marcarán a acción política do mandato de Bouza ao fronte da organización xuvenil socialista que pretende afondar no emprego das redes sociais e das novas vías de comunicación establecendo unha canle de comunicación bidireccional para construír unha alternativa na que os mozos e mozas se vexan reflectidos e se lles ofrezan solucións aos seus problemas.

 

As XSG comprometéronse á celebración dunha Conferencia Política anual para a actualización da súa mensaxe e das propostas para a sociedade e a establecer os mecanismos que permitan elixir en primarias ao vindeiro Secretario ou Secretaria Xeral das XSG.

 

 


Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI