Síguenos:
     
Logo JSE


As Xuventudes Socialistas de Galicia recadan fondos para axudar ás vítimas do tifón de Filipinas



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron hoxe a súa campaña SOS Filipinas a través da cal venderán chocolatinas até o próximo 18 de decembro. O importe das vendas, de dous euros por unidade, será destinado integramente á restauración de Filipinas despois do tifón que esnaquizou a zona hai un mes. 

 

O Secretario Xeral, Aitor Bouza, cualificou de “catastrófica a situación do pobo filipino despois do tifón máis grave da súa historia que provocou case 6000 mortes, 2000 desaparecidos, 30000 feridos e case 400000 evacuados dos seus fogares devastados de forma absoluta”.

 

Bouza indicou que “para tratar de reducir esta situación de gravidade é fundamental a colaboración de todos”. “A época de Nadal pode ser un aliciente para tratar que as vítimas desta catástrofe vexan como as súas necesidades básicas son cubertas despois de padecer o mal de non ter auga potable, comida, medicinas, tendas para dar acubillo á poboación, limpeza dos cascallos e comunicacións”.

 

Dende a Organización indicaron que “a venda realizarase a través dos compañeiros e compañeiras das diferentes Agrupacións Municipais que distribuirán as chocolatinas en diferentes cidades ao longo deste mes de decembro”. “Poderán coñecerse as datas de venda a través das nosas redes sociais”.

 

Os mozos e mozas socialistas remataron explicando que “esta campaña en coordinación coas JSE pode realizarse grazas á colaboración coa Alianza pola Solidariedade”. “Toda a cooperación nestes momentos é fundamental para paliar unha catástrofe tan grave”.

 

FOLGA DE SANIDADE

 

Dende as XSG aproveitaron para manifestar tamén o seu total apoio e anunciaron a súa participación nas mobilizacións a prol da sanidade pública convocadas polos traballadores/as do sector que se levarán a cabo ao longo da xeografía galega no día de mañá.

 

O secretario xeral aseverou que “a Xunta de Galicia está desmantelando e privatizando todos os servizos públicos, xa que o que quere é transformar os centros sanitarios en empresas privadas, retallando en persoal e obrigándonos a pagar pola asistencia sanitaria.

 

Dende as XSG concluíron avogando por “unha sanidade pública e de caldiade e por recuperar o dereito a unha sanidade pública universal accesible."



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI